O décimo Culturgal terá a Portugal como país convidado

A Feira das Industrias Culturais renova a súa imaxe cun deseño de Pepe Barro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O décimo Culturgal terá a Portugal como país convidado

Con máis da metade do espazo reservado, os organizadores do Culturgal presentaban onte a imaxe e as principais novidades da que será a décima Feira das Industrias Culturais Galegas. Como principal novidade, Portugal incorporarase como cultura convidada na nova xeira. Deste xeito, e segundo explica a organización, "institucións, empresas e creadores lusos participarán no décimo Culturgal cunha marca conxunta baixo a que circunscribirán concertos, expositores e presentacións". A acción conta co apoio da Secretaría de Estado da Cultura de Portugal e da Bienal de Arte de Vilanova de Cerveira. Canda a isto, o xa anunciado espazo de arte contemporánea que se incorpora á feira contará "con presenza de artistas, galerías, estudantes, docentes e críticos". A nivel de imaxe, Pepe Barro asina un novo logo que se presentará como gif animado, e desde a organización anuncia que se incrementarán as actividades de dinamización desde os propios postos participantes. A cita celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 1 e o 3 de decembro.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Portugal, Feira, Pepe Barro...