O mosteiro de Oia pon en valor as pintadas da Guerra Civil

Realizouse un investimento de 300.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O mosteiro de Oia pon en valor as pintadas da Guerra Civil

O sábado inaugurouse no mosteiro de Oia (Pontevedra) a mostra "Os presos do Mosteiro. Memorias da Guerra Civil Española". Trátase dunha exposición que complementa a restauración visitable das máis de 5.000 pintadas que se conservan dos presos republicanos confinados no cenobio entre 1937 e 1939. Trátase dunha colección abraiante de deseños que reflicte o mundo destes presos, as súas preocupacións ou o eterno tempo de inactividade, e que a mostra explica e contextualiza coa memoria dos presos. Está dividida en catro seccións temáticas: "A guerra", con debuxos que representan o conflito, "O tempo", con calendarios nos que se ían tachando os días, "Os pensamentos", nos que destacan imaxes de comida e "As palabras", que reflicten a tendencia dos presos de inscribir os seus nomes e deixar mensaxes. O investimento realizado foi de 300.000 euros.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra Civil, Oia, Pontevedra

Claves

Conceptos
Lugares