A Axencia Audiovisual Galega leva a Berlín un documental sobre a represión da Guerra Civil

Memoria documental

8/2/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
En Camposancos, A Guarda, sitúase un antigo colexio dos xesuítas que durante a Guerra Civil Española foi un campo de concentración para máis de 3000 presos republicanos de toda España. A súa historia, co testemuño dalgún supervivente, conforma “Memorial de Camposancos”. O traballo dirixido por José Ballesta e Miguel Anxo Fernández presentarase en Berlín o vindeiro venres 9 de febreiro, dentro do ciclo “A última xeración de cine galego”, que organizan conxuntamente a Axencia Audiovisual Galega e o Instituto Cervantes da capital alemá. Un mes antes da súa estrea en Galicia e Asturias.

Máis información no web do documental

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Guerra, Guerra Civil, Axencia Audiovisual Galega...