Audiovisual, literatura e arte serven de mostra da cultura galega en Berlín

Danke, danke Berlín

1/2/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
As longametraxes Mia Sarah, De Profundis, os documentais sobre memoria histórica Memorial de Camposancos e sobre o cambio climático 2050: How soon is now?, así como unha escolma da produción audiovisual recente, conforman a representación da cultura galega en Berlín. Unha actividade organizada pola Consellaría de Cultura e que inclúe, ademais das proxeccións (2, 9, 16 e 23 de febreiro), unha conferencia de Manuel Rivas centrada na relevancia dos movementos sociais a prol do medio ambiente, en especial da plataforma Nunca Máis, creada trala marea negra do Prestige e a exposición comisariada polo director do CGAC "Destino:Santiago" que chega despois de exhibise no Instituto Cervantes de Sofía.

Máis información na ficha de Consellaría de Cultura

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berlín, Literatura, Manuel Rivas, Memoria Histórica...