Unha mostra do CGAC inaugura a sede do Instituto Cervantes en Bulgaria

O CGAC con Sofía

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
“Destino: Santiago” non é o titulo dunha campaña publicitaria, senón o nome da exposición que inaugurará o 10 de febreiro a sede do Instituto Cervantes de Sofia (Bulgaria). A mostra elaborada polo Centro Galego de Arte Contemporánea ten como obxectivo promover a obra de artistas galegos, a cidade de Santiago e a cultura galega. Ademais, tanto a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o director de Cultura do Instituto Cervantes, Xosé Luis García Canido, como o director do CGAC e comisario da mostra, Manuel Olveira, destacaron que é o primeiro paso dunha longa serie pola que o Cervantes contribuirá á difusión da nosa cultura.

Máis información no web da Xunta

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Instituto Cervantes, Ánxela Bugallo, Manuel Olveira, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)