Xosé Carlos Caneiro presenta a novela “Ámote” aos presos do cárcere de Pereiro de Aguiar

Caneiro vai ao cárcere

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Despois de ter presentado a súa novela “Ámote” (Galaxia, 2003) en locais convencionais de Vigo e Ourense, o escritor de Verín Xosé Carlos Caneiro repetirá esa presentación ante un público para o que a literatura é unha das poucas formas de evasión que pode permitirse. Nun lugar creado para o recorte de liberdades como un cárcere a importancia da literatura pode ser crucial, así o deben crer a Fundación Rayo Vallecano e a Asociación Gestores para la Libertad, organizadores do atípico evento literario que levará ao escritor a tentar espertar o interese polo seu libro entre os presos de Pereiro de Aguiar.

Máis información en La Voz

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Carlos Caneiro, Pereiro de Aguiar, Literatura, Ourense...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos