Os festivais galegos buscan recoñecemento nos European Festival Awards

Repiten candidaturas respecto ao pasado ano os mesmos seis eventos

19/11/2019 | Santiago. S.Montes | Seccións: MúsicaEspectáculos
35 lecturas | Compartido 0 veces

No panorama dos festivais de música existen agora mesmo tres certames aos que poden presentarse os eventos galegos: os Premios Fest de festivais dentro de España, os Iberian Festival Awards para o territorio peninsular e os European Festival Awards. Ë nesta última competición que este ano celebra súa undécima edición, no que agora mesmo están a competir seis destes eventos que se celebran en terras galegas. Agora mesmo está aberto o prazo de de votación popular a través dun formulario na web dos galardóns para chegar a unha selección de finalistas que terá que pasar por un xurado posteriormente. Na edición do pasado ano o WOS Festival de Santiago acadou o premio ao mellor festival en recintos pechados de toda Europa do ano 2018. Este ano os seis representantes dos festivais galegos que xa se presentaron o pasado ano recuncan buscando apoio nas mesmas dúas categorías que no 2018 (a excepción do WOS que non volve á categoría que gañou o pasado ano).

Caudal fest de Lugo, Resurrection Fest Estrella Galicia de Viveiro e O Son do Camiño de Santiago son os tres festivais galego que optan a ser finalistas na categoría de Mellor Festival Mediano, aqueles cuxa media diaria de asistentes está entre 10.000 e 39.999 persoas. Curiosamente nos tres casos estás detrás a empresa promotora Old Navy Port, dos irmás Méndez de Viveiro. Ademais en O Son do Camiño e Caudal fest tamén participa a empresa Esmerarte, que coloca o seu outro festival, Portamérica de Caldas de Reis, entre as opcións para o premio a Mellor festival Pequeno (asistencia media por debaixo de 10.000 persoas), ao que tamén presentan a súa candidatura e está a pedir apoio por votación o Sinsal Son Estrella Galicia de San Simón e o WOS Festival x SON Estrella Galicia.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con WOS, Europa, Estrella Galicia, Son do Camiño...