Felipe Romero Beltrán faise co VII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Unha serie sobre migrantes valeulle este galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Imaxe da serie Reducción de Romero Beltrán

Imaxe da serie Reducción de Romero Beltrán

O xurado do VII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea acordaba na noite deste 14 de novembro outorgarlle este galardón á serie Reducción do colombiano Felipe Romero Beltrán. Segundo explica Víctor Nieves, membro do xurado e coordinador do certame, este traballo "posúe unha calidade excelente, tanto técnica como artística, e ademais encaixa perfectamente co obxectivo do premio de concibir a arte como algo social". Nieves destaca que Reducción "fala de inmigración e do acoso policial que sofre este colectivo, extrapolable a outros. Pensamos que cadra moi ben co que está a vivir o Estado Español. Emprega a canle da arte para levar certas ideas cunha estética sublime". A organización dará a coñecer en vindeiras datas a exposición e o libro que conforman o premio deste traballo.

Ao seu ver "este ano foi moi interesante a reunión do xurado porque se presentaron moitísimos proxectos", ata o punto de triplicar o ano de maior participación no certame, cun importante grado de internacionalización. O xurado, composto por el mesmo, Marisa Marimón, Antonio Pedrosa, Carlos Fontes, Encarna Lago Gonzalez e Xosé Lois Vázquez, actuando como secretaria Ofelia Cardo, seleccinou tamén como finalistas do certame obras de Alessia Rollo, Anna Cherednikova, Gabriela Rivera, Javier Arcenillas e Joan Alvado.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Carlos Fontes, Xosé Lois Vázquez, Marisa Marimón

Claves

Entidades
Conceptos