Unha ducia de retratos de artistas e escritores locais 'iluminan' Vigo

A montaxe 'As outras luces de Vigo' pon o acento na cultura local como valor de cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeMúsicaLiteraturaAudiovisualArte
Compartir:
Acendido da montas 'As outras luces'   Foto: Juan Teixeira para A Movida

Acendido da montas 'As outras luces' Foto: Juan Teixeira para A Movida

A revista viguesa A Movida é a responsable da montaxe As outras luces de Vigo que onte se inaugurou na rúa Príncipe diante do MARCO de Vigo. Adiantándose ao acendido de luces de Nadal do Concello a publicación quixo facer unha posta en valor da cultura local a través da presentación dunha ducia de paneis iluminados cos retratos de outros tantos personaxes da vida cultural da cidade, coñecidos en diferentes eidos da expresión cultural que van desde a música ata a literatura ou o audiovisual e a arte. Estes paneis cos retratos tomados por Pablo Vázquez poderán verse na rúa viguesa ata o vindeiro día 10 de novembro, no que a cidade acenderá as moi comentadas luces de Nadal. Os representantes da cultura de Vigo escollidos para esta acción e cuxas caras e nomes acompañan xa aos viandantes son: os actores Antonio Durán "Morris" e Marta Larralde; as escritoras Ledicia Costas, María Xosé Queizán e Silvia Penas; o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín; Patricia Moon, Tony Lomba, Eladio Santos, Julián Hernández, Kaixo e Silvia Superstar pola variada escena musical viguesa, e Lupita Hard pola arte. A revista chama a crear un tecido industrial en Vigo en torno á cultura facendo dela un motivo de orgullo de cidade.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Escritores, Silvia Penas, María Xosé Queizán...