O Auditorio de Galicia acolle a mostra internacional I̶n̶visible Wom@rts

Este proxecto para visibilizar creadoras de toda Europa pode verse ata o 15 de decembro

A sala de exposicións do Auditorio de Galicia abre este mércores 30 de outubro ás 19 horas a exposición I̶n̶visible Wom@rts. Esta mostra itinerante, que fai parte do proxecto europeo Womarts, parte do libro O segundo sexo de Simone de Beauvoir e presenta unha escolma de pezas realizadas por creadoras nas que "cada artista parte dunha realidade cultural e xeracional propia para preguntarse sobre as representacións, comportamentos e normas culturais vencelladas ao ser muller e para facer visible o seu posicionamento crítico no discurso artístico". Creación dixital, banda deseñada e gravado e estampa centran as propostas que se poden nesta iniciativa, que permanecerá aberta ata o vindeiro 15 de decembro.




Entre as creadores que fan parte do proxecto atópanse nomes como Fernanda Álvarez Jimenez, Aoife Barrett, Haya Blanco, Teresa Búa, Cristina Busto Alvarez, Stéphanie Cadoret, María Castellanos Vicente, Fionnuala Doran, Marta Fermín, Mina Fina, Nanu González, Scotty Hervouet, Shelagh Honan, Korina Hunjak, Jo Kelley, Samira Kentric, Melinda Kostelac, Raquel Lagartos, Hanne Larsen, Akvile Magicdust, Maura McHugh, Louise Mendoche, Merieme Mesfioui, Petra Mrsa, Lorraine Neeson, Mery Pais, Ana Pečar, Audrey Potrat, Marija Stonyte, Martta Tuomaala, Xulia Vicente e Neringa Zukauskait