A Semana do Cine de Lugo premia a 'As tres caídas de María Santiso' e 'Marusía'

O xurado deixa dezasete mencións especiais no palmarés desta edición

O xurado deixa dezasete mencións especiais no palmarés desta edición
Cinco premios e ata dezasete mencións especiais do xurado conforman o palmarés que dexia tras de si a XLI Semana do Cine de Lugo, deprendida por primeiro ano do seu apelido "de autor", como levou durante as 40 edicións anteriores. Este domingo deuse a coñecer a lista de nomes das películas destinatarias en cadansúa categoría e nas seccións de longametraxe e curtametraxe galegas o público elixiu respectivamente a As tres caídas de María Santiso, de Roberto Alvite e Marusía, de Pedro Sancho como merecedoras do premio entre as 20 obras que se presentaron. Na Sección Oficial foi a cinta irlandesa O pan da guerra de Nora Twoney a que acadou a maior puntuación dos asistentes; mentres que Xurado premiou na Sección Documental a cinta de Nata Moreno Ara Malikian: una vida entre las cuerdas, sobre a traxectoria do violinista. Ademais o público lugués tamén premiou a curtametraxe Happy Friday de José Antonio Campos Aguilera. Pola súa banda o Xurado deixou ata 17 mencións especiais polo especial tratamento dos temas, ás persoas e ao cine. Entre elas están as producións galegas Mariñeiro, de Juan Galiñanes; Narote, de David Vázquez Vázquez; Devalar, de Mar García; Limbo, de Daniel Viqueira; Cambio, de Iago de Sant; Pedrón de Freixo, de Ángel Cordero Gómez.