As expertas propoñen crear un organismo dedicado á exportación da literatura galega

Un seminario do Consello da Cultura Galega recomenda mudar o sistema de internacionalización da nosa literatura

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLinguaPolíticas Culturais
Compartir:
Inauguración das xornadas no CCG

Inauguración das xornadas no CCG

Crear un organismo independente que se encargue de xeito profesionalizado do traballo de proxección e difusión do libro galego, establecer mecanismos correctores no sistema de axudas á tradución e modificar o apoio ás empresas galegas para acudir a feiras internacionais. Estas son algunhas das propostas de acción que xurdiron das xornadas de debate e formación A internacionalización da literatura galega en tradución ao inglés: novas oportunidades perante un mercado editorial británico en apertura, que se desenvolveron do 17 ao 19 de xuño no Consello da Cultura Galega. As coordinadoras desta actividade, Olga Castro (University of Warwick, Gran Bretaña) e Laura Linares (University College Cork, Irlanda) , presentan agora un documento no que se propoñen unha serie de cambios para mellorar a internacionalización da literatura galega.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Consello da Cultura Galega, Tradución, Olga Castro...