Cineuropa cambia de dirección por vez primeira en 33 anos

José Luis Losa non estará á fronte do festival compostelán que pasa a estar dirixido por unha empresa madrileña

15/10/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisualPolíticas culturais
36 lecturas | Compartido 0 veces

José Luis Losa, ex-director de Cineuropa

A vindeira edición de Cineuropa en Santiago será a primeira que non dirixa o seu fundador José Luis Losa en 33 anos. Segundo relata o xornal El Correo Gallego, a empresa madrileña La Tropa Produce asinará hoxe mesmo co Concello de Santiago o contrato e será quen dirixa o festival de cine que dará comezo o vindeiro 8 de novembro. Un defecto de forma na presentación da documentación ao concurso público para a dirección do evento deixou fóra a Losa, alma mater do festival, cuxos recursos foron desestimados despois polo Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia que tivo que fallar a favor da adxudicación do Concello á outra proposta presentada, correspondente á empresa madrileña. En declaracións ao xornal compostelán, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, declarou que os pregos do concurso de contratación xa estipulaban cuestións estruturais do festival que non poden ser cambiadas como os premios ou a programación, polo cal os cambios non poden afectar a elementos como a maratón de proxeccións, por exemplo. No mesmo xornal José Luis Losa xa declarou que asumía con normalidade o fallo do tribunal e que el este ano se manterá a marxe do festival pero non renuncia a volver optar á súa dirección en 2020. La Tropa Produce é a empresa encargada da produción de eventos como os Premios Feroz, o festival de cine e series Lo Que Viene o ciclo de cine de verán Conde Duque en Madrid e da dirección do Festival Internacional de Cine de Almería e do Festival de Teatro Clásico de Alcántara.

Universo culturagalega.gal

03/11/2008

As imprescindibles

O director de Cineuropa, José Luis Losa, selecciona os filmes que non te debes perder

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares