O XXIX Cineuropa homenaxeará a Arturo Ripstein e a Miguel Gomez

O festival compostelán acollerá unha retrospectiva do cineasta mexicano

O Concello de Santiago acollía esta mañá a presentación dos cineastas que levarán os Premios Cineuropa na vindeira edición do festival compostelán. O director Arturo Ripstein, nado en méxico verá recoñecidos os seus cincuenta anos de carreira. Canda a el, a XXIX edición do festival recuperará o traballo de Miguel Gomes, considerado un dos máis firmes valores da vangarda do cinema portugués, e de quen se proxectará o tríptico As Mil e Uma Noites. Segundo anunciou o director do festival, José Luís Losa, Ripstein participará na retrospectiva da súa filmografía que se poderá ver no programa e que inclúe o filme La Calle de la Amargura, estreado recentemente en Venecia.