Un catálogo de 350 monografías publicadas pola Real Academia Galega desde 1906, das cales 200 poden se descargar de balde, é a última proposta da RAG. A sede da entidade na Coruña acollía na mañá deste 13 de outubro a presentación do novo espazo web, no que se inclúen textos como os discursos de ingreso na institución de Castelao, Antón Villar Ponte, Ramón Otero Pedrayo ou Álvaro Cunqueiro, os volumes da colección de toponimia "Terra Nomeada", as actas das Xornadas de Onomástica Galega ou as antoloxías sobre as Irmandades da Fala entre moitos outros textos. O novo espazo súmase ao xa existente que recollía o catálogo de publicacións periódicas da Academia.