O debuxante madrileño Luís Bustos adapta Fariña á banda deseñada

Xerais publicará en galego a novela gráfica baseada na obra de Nacho Carretero

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O debuxante madrileño Luís Bustos adapta Fariña á banda deseñada

Para o vindeiro sete de novembro está previsto o lanzamento de Fariña, adaptación a novela gráfica da obra homónima de Nacho Carretero. O debuxante madrileño Luís Bustos é o encargado de levar á banda deseñada esta crónica do narcotráfico galego que verá a luz en castelán da man da editorial Plan B cunha edición en capa dura e 128 páxinas. Xerais anunciou xa a edición na nosa lingua desta obra, que inclúe como novidade un epílogo inédito de Nacho Carretero sobre o panorama do contrabando de narcóticos no noso país. A obra terá tamén unha edición en catalán da man de Navona Editorial.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nacho Carretero, Luís Bustos, Banda deseñada

Claves

Conceptos