A editorial madrileña Dibbuks publicará para o vindeiro Saló de Barcelona a novela gráfica "Dámsmitt" de Kike Benlloch e Manel Cráneo

Dámsmitt en Dibbuks

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O vindeiro mes de xuño sairá á luz o primeiro álbum de Manel Cráneo como debuxante e o retorno do guionista Kike Benlloch ao mercado hispano. Trátase da novela gráfica "Dámsmitt", que a editora madrileña Dibbuks ten previsto lanzar para o vindeiro Saló de Barcelona. A obra, que retoma o argumento de "Esa cousiña negra que levas no peito", que publicou o pasado verán Polaqia, narra a historia de dous traballadores de correos e as súas circunstancias e segredos nunha grande metrópole, e inclúe un capítulo inédito de catro páxinas. "Dámsmitt" ten sesenta e catro páxinas que se editarán en bitono e inclúe un apéndice con documentos e ilustracións extras. O volume conta ademais cun prólogo do coñecido Jason Lutes. Os autores agardan tirar á luz en breve un trailer e outros materiais promocionais sobre a obra.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kike Benlloch, Manel Cráneo, Barcelona, Polaqia

Claves

Entidades
Lugares