Tirso Cons, David Rubín e Manel Cráneo adiántannos os seus vindeiros traballos

O web de Humanoïdes Associés achega unha mostra de La manoir des murmures 3

Páxina de Le Manoir des Murmures 3
Páxina de Le Manoir des Murmures 3
En xuño de 2010 sairá á venda en Francia o terceiro e último volume de La manoir des murmures, a saga que debuxa Tiso Cons con cor de Javi Montes. Polo de agora, o web da editora, Humanoïdes Asociées, achega un adianto de dúas páxinas do volume. Pola súa banda, David Rubín participa no álbum El secreto de AlhóndigaBilbao, un álbum colectivo no que nove autores contan unha serie de aventuras arredor deste edificio. Finalmente, Manel Cráneo achéganos no seu blog O home que salvou o mundo unha mostra da historia que publicará no vindeiro Barsowia, realizada sobre un texto de Kike Benlloch.