Tirso Cons lanzará en novembro o terceiro volume de La Manoir des Murmures

Planeta publicará a serie en castelán

9/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Recén chegado da xira de promoción do segundo volume da serie La Manoir des Murmures que publica en Francia con Humanoïdes Associés, Tirso Cons anuncia novidades. Por unha banda, confirma que xa asinou o contrato para publicar, a comezos do vindeiro mes de novembro, o terceiro e último volume deste proxecto, no que tamén colabora como colorista Javi Montes. Ademais, está tamén confirmado que a editorial Planeta adquiriu os dereitos para editar os tres volumes da obra en español e en italiano. Tirso comenta que as críticas ao novo álbum están a ser moi positivas e que en xeral as librarías destacan as boas vendas deste segundo volume.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francia

Claves

Lugares