Sen dúbida 2006 foi un ano fecundo para BD galega. En rematando o ano, saen as listas das mellores obras publicadas neses doce meses, e aí encontramos destacadas presenzas de autores do país. Por exemplo, o listado que o crítico Álvaro Pons elaborou para o seu blog DDT, que se publica no web de "El País", inclúe entre as doce mellores BDs do ano "Psiconautas" de Alberto Vázquez e "A tearía do oso malaio" de David Rubín, ambas publicadas por Astiberri. Ao tempo, e segundo nos informa o propio Rubín, a revista "Mondosonoro" publicou tamén a súa selección dos dez mellores títulos españois do ano, na que, ademais dos xa mencionados, inclúe "Damsmitt", da autoría de Kike Benlloch e Manel Cráneo.
Máis información en DDT e en Mondosonoro