Os deseñadores celebran a V edición do FEED

Conferencias e relatores para coñecer as novas tendencias de deseño

3/10/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: artesociedade
33 lecturas | Compartido 0 veces
Entre mañá venres e o sábado a Asociación Galega de Deseño celebra no Auditorio de Galicia e na Fundación DIDAC a quinta edición do foro bianual FEED, un encontro que ten como obxectivo "dar a coñecer e compartir as experiencias de profesionais do deseño que buscan a diferenciación para chegar a un público cada vez máis exixente e con necesidades máis personalizadas". A xornada conta con obradoiros formativos polas mañás e presentacións e conferencias polas tardes. Entre os relatores, o deseñador Artur Galocha, a deseñadora de tipografías María Ramos que apuntará a evolución deste ámbito, Carmen Lanza, experta en deseño de espazos interactivos. O sábado Rocío Martínavarro falara sobre internacionalización de marcas, Anxo López exporá técnicas de deseño de servizos e Sara Regal achegará o seu traballo con lixo e refugallos.

Universo culturagalega.gal