O CGAC presenta Christian Villamide. In Landscape Mode

O artista lugués reflexiona sobre a distancia co territorio nesta exposición

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Parterres II. Christian Villamide. Fonte: CGAC

Parterres II. Christian Villamide. Fonte: CGAC

Unha reflexión "acerca desa distancia que as persoas adoitamos tomar fronte ao territorio que habitamos para poñer o foco sobre a forza e a violencia coa que sometemos a natureza". Esta é a proposta de Christian Villamide. In Landscape Mode, a exposición que abría o pasado venres 27 de setembro o Centro Galego de Arte Contemporánea. Comisariada por Paula Cabaleiro, a exposición parte dunha linguaxe plástica e visual multidisciplinar na que o autor mestura de materiais naturais e orgánicos con elementos industriais, "que oprimen, condicionan ou dirixen, nunha reflexión sobre a acción ineludible do home". A mostra estará aberta ata o vindeiro 12 de xaneiro de 2020.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Natureza, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)