Trinta e oito filmes competirán na sección oficial de Curtocircuíto

O festival presentou esta mañá o programa que desenvolverá entre o 28 de setembro e o 6 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Trinta e oito filmes competirán na sección oficial de Curtocircuíto

O festival Curtocircuíto presentaba esta mañá en Compostela o programa oficial da súa XVI edición, que se celebrará en Compostela entre o 28 de setembro e o 6 de outubro. Para alén de contidos xa anunciados, o programa contará coa participación de trinta e oito filmes nas súas dúas seccións oficiais. Como é habituall, Radar centrarase nos proxectos de cinema de autor a acoller títulos como Operation Jane Walk, 27 thoughts about my father, RISE, Fuck You ou Alba, que lle outorgan un especial protagonismo á adolescencia. My Generation, do gañador do Oscar Ludovic Houplain ou Como Fernando Pessoa salvou Portugal de Eugène Green.

Canda a esta, a sección explora, dedicada a novas olladas, contará con producións de Jorge Jácome (premio CAMIRA 2017), Manuel Knapp, Michael Fleming, Manu Luksch, James N. Kienitz William ou Deborah Stratma entre outras. Mentres, na sección Penínsulas dedicada ao cinema español poderán verse traballos de Chema García Ibarra e Ion de Sosa, Maddi Barber, Àlex Brendemühl ou Natalia Marín.

O festival contará no seu programa con presenzas destacadas como as de Peter Tsherakassky, unha das grandes figuras do cinema de vangarda; o fotógrafo Joan Fontcuberta, que ofrecerá unha masterclass; Laura Huertas, dentro da sección Púlsar, e Nacho Alonso na sección Terra.

No ámbito musical, o festival contará con recitais a cargo de Blixa Bargeld, Vesel e Pedro Maia con proxeccións do Video DJ Trifulca ademais de Myriam Bleau e Mundo Prestigio. O proxecto interdisciplinar de Javier Martín, Marta Verde e Artur M. Puga "featuring RŪGA live A/V" fechará esta parte do programa cunha actuación o tres de outubro no Teatro Principal.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival Curtocircuíto, Portugal, Javier Martín...