Curtocircuito estrea seccións novas para dar a coñecer novas promesas

O festival de curtas celebrarase en Compostela entre o 6 e o 11 de outubro

22/9/2014 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
2 lecturas | Compartido 0 veces

Cartel do Festival Curtocircuito 2014

Curtocircuito, o Festival Internacional de Curtametraxes de Compostela, proxectará máis de 120 filmes entre o 6 e o 11 de outubro, baixo a dirección de Pela del Álamo. Desta edición, o festival "propón un novo modelo compacto, de calidade, con vocación internacional". E para iso dótase de seccións novas, como Radar, que busca "acoller unha variada selección de títulos que marcan tendencias" ou Púlsar, destinada a "amosar o traballo de directores emerxentes", e que se inicia cun monográfico sobre o portugués Gabriel Abrantes, unha das figuras máis prometedoras do audiovisual luso.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos