O programa "O teu Xacobeo" é o máis ambicioso aberto para diferentes ámbitos sociais vinculado á cultura e o turismo por parte da administración autonómica. Dun orzamento inicial pasou a un total de 4,7 millóns de euros, que subvenciona 352 propostas das 652 presentadas en total, con categorÃas desglosadas por concellos, empresas e autonómicos e entidades sen ánimo de lucro. O listado total de proxectos permite observar a orientación a diferentes tipos de actividades que amosan tanto os grandes temas da cultura e a enorme diversidade de temas propostos. AÃnda asÃ, podemos observar tendencias de cara os vindeiros anos, xa que o programa se manterá, segundo a Xunta, cando menos ata o vindeiro Xacobeo 2021.
No ámbito dos concellos, 59 deles recibirán axudas do programa. Unha análise dos datos revela a gran vinculación entre os proxectos concedidos e os camiños emerxentes que se están a potenciar por diferentes axentes locais nos últimos anos, coma o Camiño Inglés, o Camiño portugués pola costa e o Camiño de Inverno, o roteiro xacobeo da rÃa de Arousa e Ulla asà coma os concellos da contorna de Compostela que coinciden co Camiño Primitivo. Os proxectos apoiados polo programa inclúen roteiros -nos que destacan as visitas teatralizadas a monumentos e cascos urbanos-, exposicións, eventos musicais ou actos culturais como conferencias.
Axudas concedidas a concellos e agrupacións locais para proxectos de O teu Xacobeo 2019
No ámbito das empresas e autónomos foron concedidos 72 proxectos de empresa nas que se inclúen accións moi variadas. Desde a edición de libros, ou a produción audiovisual, ata pequenos festivais de música, espectáculos itinerantes (moitos deles destinados a público infantil) e eventos de difusión gastronómica e, de xeito relativamente destacado, de cultura enolóxica. Aspectos de desenvolvemento tecnolóxico e cultura dixital son máis escasos, aÃnda que existen proxectos para contidos móbiles ou, en poucos casos, vinculados a novas tecnoloxÃas como a realidade aumentada ou as imaxes inmersivas. A categorÃa máis numerosa de "O teu xacobeo" é a que corresponde a entidades sen ánimo de lucro, na que foron financiados proxectos de 89 asociacións, 30 fundacións e 33 federacións e outras formas asociativas. Neste ámbito, entre os numerosos proxectos, sobrancean en relación ás outras categorÃas os encontros, congresos e xornadas, asà como un gran número de actos deportivos.
Relación de proxectos apoiados no programa O teu xacobeo.No ámbito dos concellos, 59 deles recibirán axudas do programa. Unha análise dos datos revela a gran vinculación entre os proxectos concedidos e os camiños emerxentes que se están a potenciar por diferentes axentes locais nos últimos anos, coma o Camiño Inglés, o Camiño portugués pola costa e o Camiño de Inverno, o roteiro xacobeo da rÃa de Arousa e Ulla asà coma os concellos da contorna de Compostela que coinciden co Camiño Primitivo. Os proxectos apoiados polo programa inclúen roteiros -nos que destacan as visitas teatralizadas a monumentos e cascos urbanos-, exposicións, eventos musicais ou actos culturais como conferencias.