Co DÃa das Letras dedicado a Ricardo Carballo Calero no horizonte, comeza a vaga de publicacións dedicadas a este autor. Segundo adianta Sermos Galiza, a editorial Laiovento abre fogo con catro tÃtulos dedicados á vida e á obra do ferrolán entre as súas novidades para este outono. Unha actualización de Carvalho Calero e a sua obra, biografÃa interpretativa publicada orixinalmente por Martinho Monteiro Santalha en 1993 será un dos tÃtulos, ao que se suma a reedición do libro de conversas Voz e silencio, publicado orixinalmente por Francisco Salinas Portugal en Edicións do Cumio en 1991.
A colectánea Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación, que Pilar GarcÃa Negro coordinou e deu ao prelo en 2010 a coincidir co centenario do autor, e mais Elucidacións na sombra, análise de dúas pezas teatrais do autor realizado por Manuel Castelao, completan os lanzamentos sobre o homenaxeado da man desta editora nos últimos meses de 2019.