Nace a plataforma dixital Mundo Escénico

O proxecto busca conectar compañías, profesionais, públicos e programadores

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Nace a plataforma dixital Mundo Escénico

Da man de Daniel Amós Rodríguez está xa dispoñible na rede Mundo Escénico, unha nova plataforma virtual que quere servir de punto de encontro para o sector galego das artes escénicas. O proxecto conxuga a estrutura dunha rede social, na que os diferentes usuarios contan con perfís propios, cunha axenda, información de actividades e recompilación de propostas formativas entre outros contidos. Nado ao abeiro do programa Go2Work, da Deputación de Pontevedra e da Escola de Organización Industrial, o espazo sinala que dispón dun directorio de 2.000 grupos, compañías e bandas dos ámbitos do teatro, a danza, a música e o folclore.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Teatro, Danza, Deputación de Pontevedra