Trátase do primeiro circuÃto que integra teatro e danza posto en marcha pola Deputación e está dotado cun orzamento de 175.000 euros, dos que lle corresponde a cada concello un máximo de 3.400 euros para programar ata tres actuacións. A Deputación financiará o 90 % do custo naqueles concellos de menos de 5.000 habitantes, o 80 %, nos de están entre 5.000 e 10.000; e o 70 %, nos que teñen entre 10.000 e 20.000. Son os gobernos locais os que escollen do catálogo elaborado polo organismo provincial, que conta con 258 compañÃas de todas as disciplinas relacionadas co teatro e 28 de danza, as actuacións a programar nos seus auditorios ou centros culturais.