Artistas, empresas e compañÃas teñen ata o 16 de febreiro para inscribiren os seus espectáculos na Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña. A institución provincial volveu incrementar este ano a partida a cifras dos anos máis crús da pandemia e investirá este exercicio 1.975.000 euros, case medio millón máis que o pasado ano, no programa de difusión e a promoción da música, o folclore, o teatro, a danza, o cine e as demais manifestacións artÃsticas. No caso dos concellos, a achega provincial irá dos 10.000 aos 26.000 euros. No caso das entidades, a Deputación financiará entre o 50 % e o 70 % do importe de cada espectáculo do programa 'Alicerce' e fixará cachés de entre 310 e 3.000 euros por actuación, dependendo do número de membros dos grupos. O perÃodo de celebración de actuacións estenderase ata o 31 de marzo de 2025.
Como en anteriores convocatorias, o catálogo da Rede Cultural estará formado nesta edición por catro programas: Escena ao vivo!' (espectáculos profesionais de teatro, música, monicreques, maxia, danza e circo; para concellos), 'Visións' (cinema e contidos audiovisuais; para concellos), 'Lingua a escena!' (espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos especÃficos orientados á dinamización social da lingua galega; para concellos) e 'Alicerce' (reservado a espectáculos de grupos de música, danza e teatro non profesionais; para concellos e para entidades sen fins de lucro da provincia que teñan entre os seus fins a promoción da cultura). O prazo para que os concellos e entidades presenten as solicitudes de actuacións estará aberto do 3 ao 17 de abril. As resolucións de adxudicacións comunicaranse nunha terceira fase: antes do 10 de maio de 2024, no caso dos concellos, e antes do 30 de maio, no caso das entidades, que só se poderán acoller ao programa 'Alicerce'. As bases da convocatoria publicáronse no BOP do 30 de xaneiro.