Logo da polémica que provocara a suspensión a Feira Galega das Artes Escénicas en 2011, o pasado ano abrÃa as súas portas Galicia Escena Pro. A proposta, cun menor formato e orzamento semella que está a conseguir prender no sector. As oitenta e oito obras que se presentaron a esta edición e a presenza dunha cifra semellante de profesionais apuntan á consolidación dunha cita que supón un auténtico panorama das tendencias escénicas no paÃs.
Galicia Escena Pro chega esta semana á súa segunda edición. Compostela acolle, desde hoxe e ata o vindeiro mércores este evento orientado a programadores culturais no que se poderá ver unha selección das novidades escénicas do sector galego. As cifras de participación nesta cita, nada o pasado ano para cubrir o oco da Feira Galega das Artes Escénicas logo de dous anos de ausencia, apuntan a súa consolidación como formato recoñecido por programadores e compañÃas teatrais. Segundo sinala Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais que organiza o evento, "O proxecto conta este ano con máis espectáculos completos do que no anterior ano, once fronte a dez", aos que se suman doce máis que participan en formato showcase.
A representación do teatro galego
As 23 propostas que se poden ver no encontro foron escolleitas entre 88 obras que optaron a estar presentes no evento. "Poden entenderse como unha pequena escolma do que se está a facer en Galicia", explica Sutil. Unha comisión composta por Camilo Franco, Begoña Llamosa e Xesús Amado, con MarÃa Paredes como secretaria, encargouse da selección. "AÃnda que eu non participo na escolla, entendo que a comisión responsable tentou incluÃr as cousas que lles pareceron interesantes, anovadoras e tamén representativas de todo o que se presentou", sinala o director da AGADIC. Débese ter en conta, antes de interpretar o programa como unha instantánea das tendencias no sector, que a escolla tivo en conta tamén criterios como contar con "espectáculos de distinto tamaño, de diferentes disciplinas, que teñan unha data de estrea achegada ao encontro e tamén tentamos incluÃr compañÃas novas que ao mellor non son moi coñecidas polos programadores".
Música, danza e crianzas
Mesmo a ter en conta este factores, podemos ollar a feira como un pequeno retrato dos movementos que se están a producir na escena do paÃs. AsÃ, obsérvase, a teor do programa, un especial interese polo musical e unha maior presenza de danza nos escenarios. Nestes espazos enmárcanse obras como Illas Atlánticas de A Producións ArtÃsticas (danza e teatro), Muller Cine de BB Producións (teatro musical), Stay de Cisma Danza, Pan! Pan! de PanadarÃa (comedia musical) ou Que volvan as flores de Pisando Ovos (danza). A estes aÃnda se poden engadir varias das propostas pensadas para o público infantil, un sector que se presenta con forza no encontro. AsÃ, tanto Gatuxo de MagÃn Blanco, como o Cocido Sinfónico de Os tres tenedores apostan pola música como parte fundamental dos seus espectáculos. Os espectadores máis novos están tamén representados cos tÃteres de Pedro e o lobo, de Fantoches Baj, A casa do avó de Tanxarina e o Rumpelstikin, o anano saltarÃn de Trompicallo e Kalina Teatro. A estas súmanse a propostas actorais de Roedores de Cisma Teatro e mais Ra ra ra de Abrapalabra creacións escénicas, o que amosa un panorama vibrante de propostas neste campo.
Maxia, circo e teatro
A maxia está representada co Mago Teto e co Mago Rafa, mentres Desperta! a última produción de Pistacatro, leva o facho do novo circo a esta iniciativa. Tamén se poderán ver no evento as últimas montaxes de compañÃas que xa levan tempo a amosar o seu bo facer. AsÃ, Demolición de TalÃa Teatro, Avestruz en terra allea de Berrobambán, Pequenas certezas de Sarabela ou Bobas e Galegas (Mofa e Befa no Século D'Ouro), de Mofa e Befa, poderán verse Ãntegras na edición deste ano. As fillas bravas de Chévere, Perplexo de Ilmaquinario Teatro, Psicópata de Antón Coucheiro e mais a primeira produción de AporÃa Escénica Trinta e tantos ósos son as outras propostas que estarán presentes.
Formación e música
O programa integra tamén nesta xeira a oferta formativa coa convocatoria dun obradoiro de estratexias de venda destinado a profesionais do sector. "Tivo unha acollida magnÃfica, as prazas rematáronse en catro horas", explica Sutil. Para os programadores desenvolverase un encontro formativo para afondar en diferentes modelos de programación e dinamización cultural a partir da análise da Programación Expandida TRC-Danza da Coruña. Outra novidade desta segunda edición son os encontros entre asistentes. "Responden a unha demanda das compañÃas para ter un contacto máis directo e relaxado cos programadores. Haberá un espazo no que poderán falar e presentar novos proxectos". A asemblea da Rede Galega de Tearos e Auditorios e mais un concerto especial e Talabarte completan o programa.
Programadores
Da outra banda das táboas, oitenta profesionais participan no evento. "Son programadores de espazos e de festivais e mais distribuidores", explica Sutil. "En particular supón unha oportunidade para os concellos máis pequenos, que non teñen posibilidades de ver producións ao longo de todo o ano para seleccionar a súa programación. En xeral estamos concentos coas cifras, pero sempre queremos máis. É importante para nós que estean inscritas as compañÃas e que haxa unha participación activa do sector", completa. Unha novidade no xeito de funcionamento da feira é un sistema de información que fai que cada profesional que asista a un espectáculo deba pasar unha tarxeta persoal por un marcador. "Deste xeito ao rematar unha función as compañÃas saben exactamente que programadores asistiron e resulta máis sinxelo o encontro". Os resultados de contratación do ano pasado amosan para o director de AGADIC o correcto funcionamento deste foro. "Houbo compañÃa que grazas á súa participación no encontro conseguiron despois moi bos resultados, e esa é a nosa intención".
De cara ao futuro, a iniciativa está aberta a medrar e a incorporar novas mudanzas. "todos os proxectos están abertos a cambios e sempre se pode mellorar", recoñece Sutil. "Hai que facer un programa aÃnda máis interesante".
Programa completo de Galicia Escena Pro 2014.Galicia Escena Pro chega esta semana á súa segunda edición. Compostela acolle, desde hoxe e ata o vindeiro mércores este evento orientado a programadores culturais no que se poderá ver unha selección das novidades escénicas do sector galego. As cifras de participación nesta cita, nada o pasado ano para cubrir o oco da Feira Galega das Artes Escénicas logo de dous anos de ausencia, apuntan a súa consolidación como formato recoñecido por programadores e compañÃas teatrais. Segundo sinala Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais que organiza o evento, "O proxecto conta este ano con máis espectáculos completos do que no anterior ano, once fronte a dez", aos que se suman doce máis que participan en formato showcase.