A Xunta aproba participar no proceso civil de recuperación de Meirás

Os servizos xurídicos do Goberno galego representarán os intereses autonómicos sobre o BIC

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioSociedadePolíticas Culturais
Compartir:

O Consello da Xunta aprobou onte dar autorización aos servizos xurídicos do Goberno galego a comparecer como parte do proceso civil iniciado pola Administración xeral do Estado no Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña conducente á recuperación para o patrimonio público do Pazo de Meirás e en contra da propiedade da familia do dictador Francisco Franco. O goberno galego sempre declarou esta intención en consonancia coa declaración parlamentaria unánime da cámara de representantes da Comunidade. O Pazo de Meirás foi declarado ben de interese cultural, coa categoría de sitio histórico, polo Decreto 299/2008, do 30 de novembro. A Lei de patrimonio cultural sinala que o Goberno galego poderá acordar medidas de colaboración coa Administración xeral do Estado que fortalezan ou melloren a vixilancia e seguridade dos bens que integran o patrimonio cultural de Galicia, especialmente cando se vexan ameazados por actos de espolio ou destrución e con esta participación no proceso a Xunta asume a súa obriga de salvagarda do patrimonio cultural galego.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Galego, Pazo de Meirás, Francisco Franco, Ben de Interese Cultural...