O Consello de Ministros declara a emerxencia das actuacións no Pazo de Meirás no inmoble por valor de 382.975,27 euros. Malia a existencia de recursos presentados pola familia Franco ante a Audiencia sobre a propia titularidade do edificio e os bens que contén, o Estado xa ten en realización neste BIC, que a Audiencia Provincial da Coruña lle adxudicou en propiedade, esas obras que afectan aos sistemas e servizos de seguridade; reparación y reforzo na instalación eléctrica; e actuacións para manter a integridade do edificio e a conservación do patrimonio cultural depositado nel. A declaración de emerxencia por parte do órgano de goberno estatal conforme ao previsto na Lei de Contratos do Sector Público dá luz verde á realización de estas obras urxentes, que xa foran sinaladas polo Goberno cando a Xunta solicitou o uso do Pazo para a entrega das medallas Pardo Bazán o pasado 8 de marzo e foilles denegado por parte do Estado.
O Consello de Ministros sinala que tras da toma de posesión do inmoble, levouse a cabo unha análise do seu estado e situación desde un punto de vista arquitectónico e de seguridade e considerouse necesario realizar de modo inmediato un conxunto de actuacións para garantir a seguridade e conservación do patrimonio cultural e, en determinados casos, evitar riscos para traballadores e persoas que poidan acceder ao pazo. O órgano de Goberno estatal considera que a realización das actuacións previstas son un presuposto imprescindible para que no prazo máis breve posible poidan ser abordados proxectos de posta en valor do Pazo de Meirás desde o punto de vista histórico e institucional. O enfoque e xestión de ditos proxectos está aÃnda por determinar, ao mesmo tempo que será necesaria a resolución por parte do Tribunal Supremo do recursos presentados pola familia Franco asà como polo propio Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Sada sobre a sentencia da Audiencia Provincial da Coruña.