Un informe da Xunta abre a porta á incorporación do pazo de Meirás ao patrimonio público

Argumenta que o pazo de Meirás foi empregado como "espazo institucional" por máis de trinta anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Onte presentouse o informe encargado pola Xunta de Galicia ao redor da propiedade do pazo de Meirás, residencia estival do xeneral Franco e na actualidade propiedade da súa familia. O informe propón que o Estado podería presentar unha demanda para incorporar o pazo de Meirás ao patrimonio público debido a que foi usado con funcións institucionais durante trinta anos da dictadura. Acolleu consellos de ministros e outras accións institucionais. A figura técnica que permitiría isto sería a "demanialización", que significa que un ben pode pasar a propiedade pública cando é usado de maneira continua polo Estado, incluíndo o seu mantemento e reparación. Neste caso, de prosperar e gañar a demanda, o Estado debería indemnizar á familia Franco polo mantemento do edificio entre o ano 1975 e a actualidade. O informe foi coordinado polo catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago Xosé Manoel Núñez Seixas e del formaron parte a Consellería de Cultura, a Deputación da Coruña e o concello de Sada, que emitiu un voto particular en relación á conclusión na que se argumenta que se debera indemnizar á familia franco polo mantemento do edificio. Con todo, valorou positivamente o documento.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Meirás, Xosé Manoel Núñez Seixas, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura...