Alguén tivo que facelo. Desde o rato que manexas agora mesmo ata o modelo de mesa na que se apoia a computadora, todos os obxectos que nos rodean teñen uns pais. VilagarcÃa acolleu o pasado fin semana o que poderiamos chamar unha xuntanza deste tipo de proxenitores. Imaginaria, o I Salón Internacional Hispano-Portugués de Inventos e Innovación Tecnolóxica, reuniu nesta vila cincocentas propostas do que poden ser mañá obxectos de emprego común.
A 33 edición da Feira Multisectorial Fexdega, de VilagarcÃa de Arousa, acollÃa o ano pasado por primeira vez un “Rincón del Inventor”, un espacio destinado a que os inventores de Galicia amosasen o seu traballo. O éxito que conseguiu esta proposta animou aos encargados da Fundación Fexdega a organizar para este ano unha feira temática dedicada exclusivamente aos inventos. Persoas que só teñen unha idea rexistrada, empresas pequenas formadas arredor dun proxecto. Prototipos caseiros, maquetas, modelos dixitais... Todos acudiron á cita durante catro dÃas no Recinto de Exposicións de Fexdega, en VilagarcÃa.
¿Para que serve todo isto?
“Neste tipo de feiras a xente participa con dúas intencións. Por unha banda os inventores buscan publicidade para os seus productos. Pola outra buscan atopar unha empresa que poida estar interesada en desenvolver o seu invento”, apunta Silvia Baña, encargada de comunicación de Fexdega. E ata cincocentos interesados con patentes recentes fixeron por achegarse ao I Salón Internacional Hispano-Portugués de Inventos e Innovación Tecnolóxica. Tendo en conta que, a diferencia doutros eventos deste tipo, grande parte dos expositores son persoas individuais, a organización optou por organizar o recinto mediante o que chaman “módulos-parede”, unha fórmula que permitiu reservar pequenos espacios provistos dunha mesa por uns trescentos euros. Ademais de pagar esta cantidade os participantes debÃan acreditar estar en posesión dunha patente recente.
Os premios da feira
Entre a grande cantidade de propostas contidas na feira, a organización quixo premiar aqueles inventos máis orixinais. Deste xeito, un xurado repartiu as dúas medallas de ouro, cinco de prata e dez de bronce que entregaba a organización. Finalmente as propostas máis valoradas polo xurado foron un sistema de reciclaxe de carbón queimado en centrais térmicas e a Blean Bag – Bolsa pis, unha bolsa de contención de lÃquidos cun sistema anti-efusión para emprego hospitalario. Dúas das medallas de prata foron para unha máquina de repasos de pintura “ao gotelé” e unhas lámpadas iónicas para mellorar o ambiente. As outras tres foron copadas pola empresa viguesa Teaxul, unha iniciativa do vigués Xulio César González, que leva máis de vintecinco anos desenvolvendo inventos. Nesta ocasión premiáronlle un robot especializado para portos, unha báscula electrónica aérea, un comprobador de cilindros e unha báscula electrónica aérea. Ademais do xurado, tamén os asistente puido escoller os inventos que máis os impresionaron mediante votación. As preferencias dos visitantes foron cara a trebellos con aplicación directa na vida cotiá. Deste xeito un sistema de son en tres dimensión, un novo xeito para servir cervexa de barril que non emprega dióxido de carbono para impulsar o lÃquido e, de novo, as lámpadas iónicas, grande éxito deste encontro.
Os premios de I+D
A feira serviu tamén para que a ConsellerÃa de Investigación e Desenvolvemento entregase os premios “Galicia Innovación Júnior”, que pretendÃan promover a creatividade dos inventores de entre dezaseis e dezaoito anos. O primeiro premio deste certame foi para Vanesa Fernández Padrón, que ideou un sistema para que os bastóns dos invidentes vibren cando un semáforo para peóns se poña en verde. Pola súa banda, o compostelán Rubén Capeáns levou un premio especial ao se facer con sete accésits no mesmo sistema ao presentar outras tantas propostas. As súas ideas Ãan desde unha tracción dianteira para motos ata un motor de catro tempos integrado nun só cilindro.
Resultados
A atracción da novidade funciona. A organización cifra en máis de seis mil as persoas que se achegaron ao porto de VilagarcÃa para veren en vivo o que poden ser os trebellos cotiáns do noso futuro. Mesmo a asistencia de público de fóra de Galicia foi moi superior ao que é habitual noutras feiras. “A xente en xeral saÃu moi contenta en canto á publicidade que se conseguiu”, apuntan desde a organización e, segundo as enquisas realizadas, a maior parte dos participantes están dispostos a voltar na vindeira edición, para a que moitos xa realizaron preinscricións. Desde Fexdega contan con que o número de expositores rolde os setecentos para o próximo ano. A nivel de negocios, “pecháronse algúns tratos, pero semella que as empresas galegas teñen que camiñar moito nestes sentido, para ver como poden aproveitar a investigación e como lles pode saÃr rendible estar neste tipo de eventos”. Para o ano verase ata que punto aprenderon.