Catro anteriores directores do Centro Dramático Galego, Eduardo Alonso, Cristina DomÃnguez Dapena, Manuel Guede Oliva e Damián VillalaÃn, publican hoxe en La Voz de Galicia unha carta dixirida ao Presidente da Xunta de Galicia ao redor do futuro do centro. Sinalan que "A aplicación mecánica ao CDG das novas lexislacións sobre función pública e contratos de estado, unida a uns orzamentos precisados de urxente incremento, está a ter consecuencias moi negativas para o funcionamento do CDG". Como exemplo, aluden ao controvertido proceso de selección dos elencos actorais mediante concurso público. As consecuencias da lexislación teñen incidencia, segundo estes profesionais, na "proxección social do CDG e mesmo para a atracción de talento". Propoñen que a Xunta estude figuras xurÃdicas "que fan posibel que unha ampla gama de institucións culturais poidan desenvolver o seu traballo coa necesaria eficiencia e coa desexable eficiencia". Entre as fórmulas, os redactores da carta sinalan as fundacións ou as sociedades anónimas.