Anteriores directores propoñen maior autonomía para o Centro Dramático Galego

Piden máis equilibrio entre os requisitos legais e as decisións artísticas

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escénicas
Compartir:

Nunha carta aberta ao Presidente da Xunta, catro antigos directores do Centro Dramático Galego, Eduardo Alonso, Cristina Domínguez Dapena, Manuel Guede Oliva e Damián Villalaín, alertan de que "a aplicación mecánica ao CDG das novas lexislacións sobre función pública e contratos de estado, unida a uns orzamentos precisados de urxente incremento, está a ter consecuencias moi negativas para o funcionamento do CDG". Como exemplo, os profesionais sinalan o controvertido proceso de contratación do elenco das montaxes a través de convocatoria pública. Esta situación está a ser problemática "para a proxección social do CDG e mesmo para a atracción de talento". Os anteriores directores propoñen que se estuden novas fórmulas xurídicas, como "fundacións e sociedades anónimas" que faciliten que o Centro Dramático atope " un equilibrio entre a xestión administrativa e as decisións artísticas".

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Damián Villalaín, Cristina Domínguez Dapena, Manuel Guede Oliva...