Dupla ración de teatro do absurdo con 'Nun cuarto da rotonda'

Este venres fai a preestrea na Illa de Arousa a obra progonizada por Federico Pérez, Evaristo Calvo e Santi Romay

11/7/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: TeatroEspectáculos
40 lecturas | Compartido 0 veces

Este venres 12 de xullo a compañía de nova creación Acusmaser Opus preestrea no Auditorio Municipal da Illa de Arousa a obra Nun cuarto da rotonda. Beckett+Pinter . A obra estrearase oficialmente o vindeiro día 25 no marco da MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia. Nun cuarto da rotonda conta con Federico Pérez (Premio Mestre Mateo 2019 a Mellor Interpretación masculina de reparto), Evaristo Calvo e Santi Romay para sacar adiante esta peza que reúne nun só espectáculo dúas obras etiquetadas como teatro do absurdo: Krapp’s last tape, de Samuel Beckett, e Dumb Waiter, de Harold Pinter. Por un lado, o Krapp, que dá nome ao seu protagonista, móstranos o desleixamento do paso da vida, fronte á vitalidade dos primeiros amores. Mentres que no Montacargas vemos a dous asasinos a soldo nunha estancia miserable á espera de ordes. A tensión desta desemboca en diálogos absurdos e intranscendentes. A obra, producida en colaboración con Ainé, xa se presentara en formato de produción en desenvolvmento dentro do Galicia Escena Pro, este ano.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Federico Pérez, Evaristo Calvo, Arousa...