Un total de 15.000 euros apoiarán a difusión, estudo e preservación da obra de Antonio Fraguas. A ConsellarÃa de Cultura asinaba o pasado venres un convenio de colaboración coa fundación que leva o nome do homenaxeado no último DÃa das Letras Galegas. Ao abeiro deste acordo desenvolveranse unha páxina web da fundación, "a realización de traballos preparatorios para a edición da obra de Antonio Fraguas, e a elaboración dun proxecto didáctico encamiñado á difusión e investigación do patrimonio etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artÃstico de Galicia", orientado a centros escolares da Comunidade. A isto súmanse nas actividades previstas unha exposición sobre a vida e obra de Fraguas, un simposio homenaxe e "accións especÃficas do Departamento do Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego (DEAC) arredor da súa figura".
Tamén a Fundación Pondal asinaba esta semana un convenio coa Xunta, desta volta dotado con 30.000 euros que se destinarán a "actuacións de mantemento, conservación e accesibilidade" na sede da entidade en Ponteceso.
En Pontevedra, pola súa banda, avánzase para a creación da Fundación Manuel Moldes. A entidade dedicada ao legado deste artista ocupará o último andar do reomodelado edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal da cidade do Lérez. Asà o anunciaban este luns o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e mais o conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, canda a membros da familia do artista e profesores da Facultade de Belas Artes. A adecuación deste espazo como sede da nova entidade e dunha exposición permanente de traballos do artista terá un custo aproximado de 250.000 euros que a Xunta asumirá.