Seguindo na liña por trazada por Antonio Fraguas, a quen no 2019 se dedicou o DÃa das Letras Galegas, a Fundación Antonio Fraguas Fraguas convoca agora a duodécima edición do proxecto que leva o nome do pedagogo e etnógrafo, un certame didáctico encamiñado á realización de pescudas sobre o noso patrimonio nos centros escolares de Galicia. Este certame escolar é un xeito de lembrar a figura do eminente pedagogo que fora primeiro director do Museo do Pobo Galego, premiando a comunidade escolar polos seus esforzos cara á educación patrimonial e á valoración do acervo cultural galego. O ámbito temático abranguerá un ou varios destes campos: etnografÃa, antropoloxÃa, xeografÃa, historia ou arte da contorna inmediata do centro. Un capÃtulo ou alÃnea do traballo dedicarase a abordar algún aspecto lingüÃstico (toponimia, antroponimia, léxico, fraseoloxÃa...) relacionado co tema proposto. Valoraranse as accións que fomenten a educación en igualdade e/ou o coñecemento do patrimonio material e inmaterial relacionado cos camiños de Santiago.
O desenvolvemento dos traballos farase en coordinación co Museo do Pobo Galego. Establécense dúas modalidades: ensino primario e ensino secundario. En cada unha delas eli-xirase un proxecto, que se deberá desenvolver durante o seguinte curso escolar. O proxecto está dotado con 7.000 euros para cada modalidade, que deberán ser destinados integramente para a realización do proxecto e a súa posterior posta en exhibición e musealización. Esta nova edición do Proxecto presentarase publicamente mañá en rolda de prensa no Museo do Pobo Galego nun acto que estará presidido polo presidente da Fundación, Justo Beramendi, polo secretario xeral de PolÃtica Lingüistica, ValentÃn GarcÃa e pola concelleira responsable de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela.
Bases da convocatoria XII Proxecto didáctico Antonio Fraguas Fraguas 2020.O desenvolvemento dos traballos farase en coordinación co Museo do Pobo Galego. Establécense dúas modalidades: ensino primario e ensino secundario. En cada unha delas eli-xirase un proxecto, que se deberá desenvolver durante o seguinte curso escolar. O proxecto está dotado con 7.000 euros para cada modalidade, que deberán ser destinados integramente para a realización do proxecto e a súa posterior posta en exhibición e musealización. Esta nova edición do Proxecto presentarase publicamente mañá en rolda de prensa no Museo do Pobo Galego nun acto que estará presidido polo presidente da Fundación, Justo Beramendi, polo secretario xeral de PolÃtica Lingüistica, ValentÃn GarcÃa e pola concelleira responsable de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela.