O Concello de Ponteareas consolida unha aposta cultural propia coa segunda edición do Festival Internacional de Teatro de Rúa de Ponteareas, que está a celebrarse durante esta semana dese o dÃa 3 e que encara esta fin de semana a súa recta final ata o 6 de xullo. Espectáculos teatrais itinerantes e funcións en escenario das máis variadas disciplinas coma circo, maxia ou monicreques e con compañÃas chegadas de Cuba, Portugal Madrid ou Galicia conforman o programa do festival. Os espectáculos itinerantes ambientan diferentes puntos da vila nos seus percorridos con compañÃas como The Turres Band ou EducaTeatro, Fanfarria Farruxa o mago cubano Raul Camagüei entre outros. Este venres ás 19.00h. arrancará co espectáculo itinerante a cargo de EducaTeatro cunha ambientación circense. Ademais haberá unha función de monicreques a cargo da compañÃa Mircromina TÃteres coa obra A Familia unida . O sábado o Festival contará entre outros espectáculos con Os Porquiños van de Festa de EducaTeatro que porán a coda final a esta segunda edición do festival.