
Nos mesmos tres dÃas (5, 6 e 7) a localidade lucense de Ribadeo terá en fucionamento a súa cuarta edición do seu propio evento feiral libreiro, Letras no Campo. A poeta e xornalista Olalla Cociña (Viveiro 1979) lerá o pregón de o venres e despois seguirán tres xornadas con diversas presentacións e actividades. O evento conta coa participación de seis librarÃas e tres editoriais. Ao igual que en Pontevedra, tamén en AllarÃz este será o terceiro ano no que o Concello organiza o Mercado do Libro Novo e Vello na vila, o seu propio modelo tamén en colaboración coa Editorial Aira e o coworking BenComún Espazo. O Mercado dun só dÃa, terá lugar na Alameda de Allariz e participarán unha ducia de expositores que ofrecerán as últimas novidades en literatura, cómics, banda deseñada, ilustración, poesÃa e libro infantil e xuvenil, ademais de venda de libros de segunda man. Durante a xornada, tamén se celebrarán varias presentacións de libros e os máis pequenos gozarán da actuación do contacontos MOC.