Na procura dun modelo diferente ao das habituais feiras do libro o Concello de Santiago ven de presentar a Semana do Libro de Compostela (SELIC), un modelo de contacto diferente entre o sector do libro e a cidadanÃa. A praza da Quintana acollerá, do 2 ao 11 de xuño, a primeira SELIC, impulsada polo Concello en colaboración co propio sector as partir da constitución da Mesa do Libro de Santiago. A dÃa de hoxe teñen confirmada a súa participación na primeira edición deste formato un total de 32 librarÃas e editoriais de Galicia, moitas delas radicadas en Santiago. Todas elas deberán definir previamente os seus espazos expositivos, co obxectivo de evitar coincidencias entre os postos e garantir a maior diversidade posible na SELIC. Ademais, as editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles que garden especial relación coa súa liña editorial, e que procedan de fóra do ámbito galego. Pola súa parte, as librarÃas non especializadas deberán expor un mÃnimo do 50% de libro en galego. Segundo o proxecto inicial, a propia configuración fÃsica do evento diferirá bastante da actual configuración das feiras e salóns do libro, creando un espazo de encontro e visita diferente na praza. A exposición será do 2 ao 11 de xuño, en horario de mañá nos dÃas da semana, e en horario de mañá e tarde nas fins de semana
A Semana do Libro de Compostela contará con espazos diferenciados para desenvolver exposicións de libros, presentacións, grupos de traballo e actividades infantÃs. Tamén se prevén, ao abeiro da SELIC, a organización de obradoiros e rutas e de sesións musicais. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, insistiu durante a presentación que a Semana do Libro nace "con vocación de común denominador e non de competición, sen querer competir con outras iniciativas ao redor do libre, e buscando novos vieiros que obrigue ao sector a poñerse de acordo sobre como quere proxectarse na cidade". Por parte da organización David Cortizo, de Urco Editora, explicou que "a SELIC xorde do sector, é un modelo de feira que ten en conta as necesidades e as caracterÃsticas das librarÃas e editoras de Compostela". Na mesma liña, Loaira MartÃnez, da librarÃa Ciranda, recoñeceu que "a Semana do Libro está a ser un desafÃo, porque obrigou a editoriais e librarÃas a coñecerse e a poñer en común as súas demandas", e mostrouse convencida de que "esta cita fomentará a unión do sector do libro e conseguirá a súa dinamización".