Os editores estatais premian a serie Fariña

Outorgáronlle o Premio Liber 2019 á mellor adaptación audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Os editores estatais premian a serie Fariña

A serie Fariña, producida pola empresa galega Bambú Producións, acaba de recibir o recoñecemento da Federación de Gremios de Editores de España. A entidade outorgoulle a esta produción o seu Premio Liber 2019 á mellor adaptación audiovisual polo seu traballo de translación do libro Fariña de Nacho Carretero, á pantalla. Segundo destacan os editores "a serie concitou un consenso case unánime sobre a súa calidade como produto televisivo" a ser "a serie máis premiada dos últimos anos". Tamén sinalan que o proxecto "plasma en imaxes de enorme realismo a durísima realidade do narcotráfico dos años 80 e as súas implicacións sociais e políticas". Os premios Liber entréganse no marco da Feira Internacional do Libro de Madrid.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Nacho Carretero, Feira, Federación de Gremios de Editores...