Boa semana para o audiovisual galego. A entrega dos prestixiosos Premios Fotogramas de Plata que a revista de cine leva outorgando desde 1951 coroou á serie Fariña, da produtora galega Bambú Producciones e Atresmedia como a mellor aposta televisiva do pasado ano. A serie baseada no libro homónimo do xornalista Nacho Carretero, que conta a crónica do narcotráfico galego na década dos anos 80 do século XX e que reúne a un enorme elenco de actores e actrices habituais do audiovisual galego, conquistou aos crÃticos que, como xa ocorreu antes nos Premios Feroz dos informadores cinematográficos, acharon nela a Mellor Serie Española do ano 2018. Tamén se repetiu neste caso o galardón ao actor noiés Javier Rey, protagonista de Fariña pola súa interpretación do narcotraficante Sito Miñanco. Rey recolleou o seu premio saudando e despedindo en galego cun “boas noites” que puxo o acento galego nesta gala do audiovisual. A serie está arestora presente en todo o mundo grazas á distribución da mesma pola vÃa da plataforma Netflix.
Outra produción do noso audiovisual, a curtametraxe documental Benvidas ao club de Carmen PG Granxeiro, ven de ser recoñecida polo Festival de Cine de Málaga (fóra de competición oficial) co “Premio Especial Biznaga de Plata Afirmando los Derechos de las Mujeres”. A curtametraxe terá dous pases na grella do festival, o xoves 22 será o primeiro xunto ca entrega de premios, no emblemático cine Albéniz. O documental, que parte da operación policial carioca para tratar a problemática das mafias da prostitución, foi estreado no Museo Provincial de Lugo o mércores 31 de outubro e desde aquelas Carmen PG Granxeiro xunto coa Plataforma Contra a Impunidade da Carioca están a facer proxeccións por toda Galicia. O festival de Málaga dará comezo o vindeiro dÃa 15 e a gala inaugural estará conducida polo actor LuÃs Zahera, flamante premio Goya ao mellor actor de reparto.