A serie Fariña e Julia Otero obteñen cadanseu Premio Ondas

A produción de Bambú levou o galardón á mellor serie e a xornalista monfortina o de mellor programación de radio

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Barcelona acolleu onte a presentación do palmarés dos Premios Ondas, que convoca anualmente o grupo PRISA para recoñecer as principais producións nacionais e internacionais no campo audiovisual. No palmarés atópanse dous representantes galegos. Por unha banda Fariña, realizada por Bambú Producións, fíxose co galardón á mellor serie. Pola outra, a monfortina Julia Otero obtivo o premio á mellor programación de radio polo seu labor en El Gabinete de Onda Cero. O galardón outorgóuselles ex-aequo con Isaías Lafuente por Unidad de vigilancia, da Cadena SER.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona

Claves

Lugares