As Bibliotecas de Oleiros reciben o Premio LIBER ao Fomento da Lectura

A Federación de Gremios de Editores de España outorga este galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
As Bibliotecas de Oleiros reciben o Premio LIBER ao Fomento da Lectura

O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros foi recoñecido esta fin de semana co premio LIBER á "mellor iniciativa de fomento da lectura nas bibliotecas públicas abertas ao público". A Federación de Gremios de Editores de España outorga este galardón anual, co que nesta ocasión recoñece
"a intensa dedicación chea de actividades nunha área de poboación dispersa. así como a posta a disposición da poboación de máis de catrocentos postos de lectura e uns fondos bibliográficos moi superiores á media nacional". O sistema inclúe a Biblioteca Central Rialeda e os seis centros auxiliares de Santa Cruz, Oleiros, Mera, Dorneda, Nós e Lorbé, atendidos por un total 15 trabajadores. Dentro das súas actividades, propostas como A hora do conto desenvólvense de xeito continuado desde 1997. A entrega do galardón realizarase o vindeiro 5 de outubro na Real Fábrica de Tapices no marco das actividades da feira LIBER.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Oleiros, Editores, Federación de Gremios de Editores...