
A arquitectura indiana na vila de Redes, o Laboratorio de Formas de Cervo e a súa relación co exilio, o vencello da emigración coa botánica en Padrón, a música que cantaban os peregrinos en Sober e mais a viaxe no cinema e na literatura desde Ribas de Sil protagonizan as propostas neste campo. A maiores, outras tres andainas abordarán o cambio climático a percorrer a costa Oia, a lingua escrita desde Castro Caldelas e o patrimonio industrial a partir das canteiras desaparecidas de Moaña.
Ao igual que nos últimos anos, todas as actividades contarán con guÃas especializados que falarán dos distintos eixes temáticos e a maior parte das mesmas integran tamén propostas musicais. Tanxedoras, Faia, O TrÃcole, Vudú e Dous son as eleccións neste sentido. A maiores, e como novidade, o programa achegará propostas gastronómicas locais ao longo dos roteiros. O queixo de Moaña, a castaña da Ribeira Sacra, o pemento de Padrón ou o percebe de Oia son algúns dos produtos que estarán presentes no Monumenta deste ano.
Os roteiros desenvolveranse nos dÃas 3, 4, 10, 11, 14, 24, 25 e 31 de agosto, e para participar cómpre se inscribir previamente no web da actividade.