Ciencia, música e patrimonio danse cita nova edición de Monumenta. Andar con arte. A Consellaría de Cultura presentaba esta mañá o programa desta xeira, oito roteiros que se desenvolverán ao longo das fins de semana de agosto e do primeiro de setembro e que incorporan como grande novidade a música ambulante. Segundo explica a organización do encontro, este formato contará coa presenza de sete artistas que, en formato acústico, acompañarán os paseantes. A estes sumaranse, como é habitual, especialistas en diversos ámbitos que abordarán perspectivas inéditas sobre os lugares visitados.
A seguir a tradición das últimas edicións, as andainas propostas seguen os pasos de camiñantes históricos como o pai Baltasar Merino, ou a oceanógrafa Ángeles Alvariño. O patrimonio inmaterial, que se explorará a partir dos traballo do antropólogo Gustav Henningsen en Ordes preséntase como outro eixe do programa, que suma desta volta dous roteiros experimentais "porque queremos camiñar imaxinando paisaxes e emocións gravadas nas obras dos grandes artistas de Galicia, como a pintura de Urbano Lugrís e a literatura de Emilia Pardo Bazán". A muralla de Lugo, A Guarda, Valdoviño, Ordes, Esgos, Palas de Rei, Os Peares e a Illa de Ons serán os espazos polos que transcorrerán as actividades desta xeira.