A segunda edición de Monumenta pon en valor espazos restaurados

O proxecto leva actuacións e actividades didácticas a dez bens culturais

4/6/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Entre o 5 xuño e o 7 de xullo dez espazos patrimoniais restaurados de todo o país acollerán as actividades da segunda edición de Monumenta. A Consellaría de Cultura presentaba esta mañá este ciclo que busca a divulgación do noso patrimonio mediante actividaes culturais. O programa comprende actuacións musicais a cargo de artistas como Uxía Senlle, Narf ou Germán Díaz, así como roteiros guiados, obradoiros e propostas escénicas. A iniciativa conta ademais cunha importante vertente educativa, que contou coa colaboración de centros de ensino de cada unha das localidades de celebración.

As catedrais de Tui, Ourense e Santiago de Compostela, as igrexas e Santa María da Magdalena de Sarria e de Santa María de Melide, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Las, o convento de Ferreira de Pantón, o castelo de Tovar en Lourenzá, o santuario das Ermidas e o castelo do Bolo e mais os petróglifos de Mogor son os escenarios que acollerán as diferentes actividades.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

11/06/2014

Monumentar o próximo

O ciclo Monumenta busca a conexión do patrimonio coa poboación local mediante diferentes actividades

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uxía Senlle, Germán Díaz, Uxía Senlle, Narf...