Paseos, faladoiros, concertos, conferencias. A segunda edición do ciclo Monumenta botaba a andar a pasada fin de semana cunha clara aposta pola participación local. Coa integración de actividades escolares como principal novidade, o programa visita diferentes bens patrimoniais do país ata o vindeiro 5 de xullo.
Por segundo ano, o ciclo Monumenta, coordinado por Sinsalaudio e promovido pola Consellaría de Cultura, visita ata o 5 de xullo dez espazos monumentais do país para difundir e divulgar o noso patrimonio. Catedrais, igrexas, castros, petróglifos ou pazos serán o escenario de actividades do máis variado que buscan dar a coñecer estes espazos entre a cidadanía, a prestar a atención dun xeito moi especial á poboación máis próxima.
A conexión local
Segundo explica Julio Gómez, coordinador do proxecto desde Sinsalaudio "Case todo, dun xeito directo ou indirecto, ten conexión co contexto local. Mesmo naqueles lugares onde non se conseguiu esa conexión vémolo como algo positivo e do que aprender", explica. O enfoque por atender á poboación máis achegada ao espazo no que se programa un evento é unha tendencia crecente na programación cultural, e en particular nas intervencións sobre o patrimonio. Nestes casos, espertar o interese da veciñanza por un ben está a se contemplar cada vez máis como un xeito de protexer estes elementos. Segundo explica o texto de presentación desta iniciativa promovida "o feito de vincular o patrimonio co seu uso tradicional e as súas circunstancias é fundamental como parte do proceso da configuración do presente. Con isto conséguese converter as intervencións en accións vivas que poñen en valor o patrimonio na súa definición máis ampla, mostrando así a súa utilidade social, favorecendo a identidade dos habitantes co lugar e potenciando o atractivo cultural cara ao visitante". "Ás veces preocúpanos moito chamar a atención de xente de fóra e non nos preocupamos de falar con quen está aquí", conclúe Gómez.
Contextos
No caso de Monumenta, o programa céntrase no desenvolvemento de actividades en espazos patrimoniais restaurados e situados maioritariamente no medio rural. "Nalgúns casos falamos de concellos nos que hai uns centos de veciños distribuídos en tantos quilómetros cadrados, e entón para que participen hai que falar con eles e ter en conta tamén as administracións". A necesidade de contemplar os costumes locais amosouse, por exemplo, nas actividades que se desenvolveron o pasado ano en Toén, onde o cura adiantou a hora da misa do domingo para que a proposta de Monumenta se puidese desenvolver de mañá. "Pola tarde había matanza e non podía vir ninguén", lembra Gómez. "Vemos que nas vilas pequenas hai moita actividade arredor da igrexa o domingo pola mañá, que é algo que nos sorprende aos urbanitas. As misas seguen a marcar moito a xornada, e nós tentamos integrarnos nesa dinámica e desenvolver as actividades nese momento".
Vencellos
Aínda que conseguir vencellos nese sentido pode semellar difícil, Gómez apunta que "hai lugares onde a conexión aparece moi rapidamente. Foi o caso de Ferreira de Pantón, onde traballamos cos cantares de cego. É un concello moi produtivo onde tamén desenvolven as xornadas sobre o románico, e aproveitamos este evento para iniciar contactos xa semanas antes da actividade". En Sarria, pola contra, aproveitouse o traballo de varios construtores de instrumentos da vila. "Hai unha grande conexión co coleccionismo e as antigüidades, así como cos luthiers. Contamos con Germán Díez e fixo unha intervención estupenda". En Ourense, pola súa banda, aprovéitase o aniversario da coral De Ruada para organizar un concerto e un percorrido sonoro, con Xurxo Souto como mestre cerimonias. "No castro de San Cibrán de Las imos facer unha observación nocturna de estrelas que pensamos que pode abrir novas estratexias de difusión do patrimonio material en relación con outros elementos, e desde os petróglifos de Mogor imos traballar o contexto do territorio coa paisaxe sonora", resume Gómez. "En Melide imos desenvolver unha actividade que xa fixemos en Cans que é un paseo musical no que interveñen historiadores ou antropólogos". Imaxinación, como se pode ver, non falta.
Antes e depois
Está claro que este enfoque precisa dunha importante cantidade de tempo. Segundo lembra Gómez, cómpre un traballo previo para planificar as actividades máis axeitadas para lugar e público, buscando a complicidade das entidades locais para as divulgar. Logo de desenvolver cada unha das propostas, cómpre tamén facer un seguimento posterior con vistas a procurar unha pegada na contorna e de aproveitar o material que poida xurdir de cada acción. Así, por exemplo, no blog de Monumenta están aínda a se publicar algúns dos contidos que se xeraron na pasada edición deste ciclo, aos que se irán sumando todos os que se produzan na actual xeira. "Estamos obsesionados con gravar e xerar contidos. a actividade debe continuar despois da súa execución, non podemos permitirnos o luxo de perder recursos a nivel informativo nin económico" asegura o coordinador.
Contidos dos veciños
Así, o blog da iniciativa vai acollendo diferentes publicacións sobre as actividades xa desenvolvidas na pasada edición e mais nesta. "Queremos recuperar gravacións como a que fixemos en Vilardevós, onde as veciñas da zona chegaron sen moita intención de participar e acabaron amosando da zona e mesmo ao final dúas persoas ata cantaron na igrexa, cando non estaba previsto", lembra. "En Nogueira de Miño houbo un debate interno sobre a fundación da Coral de Chantada, mentres en Betanzos fixemos un paseo para recuperar o camiño das cigarrreiras da coruña e moitos veciños participaron e comezaron a lembrar".
Contidos escolares
Se na primeira edición era o contacto cos veciños o eixe do proxecto, na segunda xeira a organización integra ademais o traballo dos escolares como un pivote fundamental da acción, da man de Van Divulgación. "Monumenta non xera os contidos. Os contidos son propios das escolas".Todo un potencial de creatividade que, segundo Gómez, fica a miúdo desaproveitado na nosa sociedade. "Cando vas a unha escola descobres que é un espazo no que se produce moitísima información que fica de portas para dentro. Eventos como o Día das Letras, o Día da Paz e moitas outras efemérides xeran multitude de exposicións e traballos. Nós o único que facemos é precipitar esa dinámica interna". Así, na xeira que se desenvolveu arredor da catedral de Tui, presentáronse proxectos escolares como un vídeo sobre a lenda da Merced, unha canción sobre o monumento ou unha exposición para coñecer o templo entre outras. Segundo lembraba na presentación do proxecto, o traballo cos centros de ensino "é un proceso de posta en valor pouco experimentado, pero trátase de ver como conviven os veciños co patrimonio, falar coas familias e buscar un contacto interxeracional, facer falar os pais con fillos". Para o equipo organizador, o traballo a na aulas é unha ocasión única de penetrar nos fogares. "Os alumnos teñen un contacto cos seus familiares que nós non temos. Os seus pais e avós son fontes de memoria, e aí deberiamos facer un traballo extra todos os programadores culturais".
Aínda que complicado, este tipo de procesos semella que funcionan. "En xeral conseguimos moita participación nestas propostas. o que está claro é que enfocar unha actividade deste xeito non garante o éxito, pero desde logo está claro que facelo doutro xeito é unha garantía de non obter nada", conclúe Gómez.